Indoor

Ponte en forma

Descrición das Actividades

 
Bike I-II
BIKE I-II

Clase de acondicionamento físico que se fundamenta no desenvolvemento dun traballo cardiovascular a través dunha bicicleta de deseño especial, sendo dirixida por un instrutor.

Body Flex
BODY FLEX

¿Perdiches a harmonía ao respirar cando fas un movemento? Esta actividade é perfecta para recuperala. Fundaméntase nos principios do Ioga, Tai Chi, e o método Pilates, entre outras técnicas de relaxación cunha soa finalidade, que corpo e mente compórtense como un.

Fitpower
FITPOWER

Clase de tonificación muscular intensa na que se traballan todos os grupos musculares con cargas moderadas. Para o seu desenvolvemento utilízase fundamentalmente o step e o set de Workpower (barra e discos de peso).

Poderiamos dicir que é a sala de pesas levada ás clases dirixidas. Recomendado para aquelas persoas que buscan unha clase de tonificación máis intensa.

Fit Pilates
FIT PILATES

Reforza e tonifica os músculos, dá mobilidade ás articulacións, achega flexibilidade e equilibrio, traballa o corpo desde a musculatura máis profunda até a máis periférica, e no que interveñen tanto a mente como o corpo.

Principios básicos: Respiración, Fluidez, Precisión, Control e Aliñación.

Step, Latinos, Aerobic
STEP, LATINOS, AEROBIC

É unha divertida forma de exercitarse a través de secuencias coreográficas que combinan diversos xéneros musicais e elementos da ximnasia.

G.A.P
G.A.P

Clase de tonificación muscular cunha orientación específica cara ao traballo de glúteos, abdominais e pernas. Recomendado para todas aquelas persoas que buscan un traballo máis específico nestas zonas musculares.

Bodybox
BODYBOX

Constitúe unha divertida combinación de exercicio físico con artes marciais como: Kick Boxing, Karate, Kung Fu, Tai-Chi, Full Contact, Taekwondo, etc. O que resulta é unha entrenida actividade de traballo aeróbico que emprega coreografías e movementos a base de puños e patadas.

Aquafit
AQUAFIT

O fitness acuático non só ofrece eficiencia, satisfacción, seguridade e diversión, senón tamén a posibilidade de adestrar a calquera nivel de intensidade. Parellas ou amigos con diferentes niveis de fitness poden traballar xuntos, indo cada un ao seu ritmo.

Mediante o fitness acuático, os deportistas lesionados poden manter a súa forma mentres esperan a súa recuperación. A auga fai presión coa mesma forza coa que é desprazada, o que facilita a práctica de exercicios suaves ou intensos.