Piscina
Escola de Natación Infantil
O obxectivo da nosa escola non é o simple feito da supervivencia na auga, senón a adquisición dunhas habilidades acuáticas que permitirán ao neno ou nena, por unha banda, desenvolverse no medio acuático e, por outra, utilizar a natación como actividade á hora de adquirir hábitos de vida saudables no futuro.
E PARA LOGRAR ESTE OBXECTIVO OFRECEMOS:
Profesionais Preparados
O noso grupo é capaz de atender todas as especialidades, con gran capacidade de resposta, xa que nos preocupamos de que estean formados na teoría e sobre todo na práctica.
Grupos Reducidos
A ratio profesor/alumno é reducida para que a progresión metodolóxica poida ser o máis adaptada posible ás individualidades de cada neno/a.
Instalacións Adecuadas
A nosa instalación está perfectamente concibida para a aprendizaxe da natación e para o desenvolvemento de todo tipo de especialidades no medio acuático.
Niveis de Aprendizaxe
NIVEL PEIXE
ENTRE 4 E 6 ANOSDesenvolverse e gozar do medio acuático tanto na entrada ao vaso, na superficie e polo fondo (mergullo).
NIVEL BALEA
ENTRE 7 E 9 ANOSOutras Actividades
MATRO
Actividade acuática para embarazadas. Realizan exercicios para manterse en forma respectando as limitacións que poidan ter as futuras mamás neste período.
AQUATERA
Recuperación funcional. Son actividades de recuperación e mellora de lesións dentro da piscina para persoas de todas as idades.
AQUA
Escola de natación para maiores de 18 anos. Divídese en: Nivel I (iniciación), Nivel II (medio) e AQUATEC (perfeccionamento).