Protección de Datos

Información adicional respecto á protección dos seus datos

¿Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?

A entidade concesionaria do servizo coa que teña contratado, cuxo enderezo postal, para os efectos de protección de datos persoais, se atopa en Av. Camino de Santiago, 40, 28050 de Madrid.

Asimesmo, poderá poñerse en contacto co Responsable de Protección de Datos, que é a persoa encargada do cumprimento desta normativa, no seguinte enderezo: protecciondatos@aqualia.es.

¿Con que finalidade e lexitimación tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais que vostede nos facilita para desenvolver e xestionar os servizos que ten contratados.

Adicionalmente, tratamos os seus datos no caso de que nos teña dado o seu consentimento para:

  • Informalo periodicamente das novidades, produtos e servizos tanto por medios escritos como electrónicos (teléfono, email, app, sms, etc.).
  • Utilizar a súa imaxe, nome, voz, e/ou calquera outros datos de carácter persoal para ser incluídos nas Redes Sociais do Centro Deportivo e/ou medios de comunicación.

¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución do contrato e prestación do servizo contratado por vostede.

Respecto ao resto de finalidades, están baseadas no consentimento que se lle solicita, sen que en ningún caso a retirada deste consentimento condicione a execución do contrato.

¿Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os seus datos persoais conservaranse mentres dure a relación contractual e comercial, ou solicite vostede a súa supresión. Unha vez finalizada a relación contractual, manteremos os seus datos persoais bloqueados durante os prazos de prescrición legal, unha vez transcorridos os mesmos, destruiremos os seus datos.

¿A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Os seus datos non son cedidos a ningún terceiro, a menos que esteamos obrigados por unha lei.

¿Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

  • Acceso: ten dereito a saber se estamos tratando os seus datos e, no seu caso, coñecer que datos persoais da súa titularidade estamos tratando.
  • Rectificación: vostede ten dereito a rectificar aqueles datos persoais que sexan inexactos.
  • Supresión: baixo determinadas circunstancias, poderá solicitar a supresión dos seus datos.
  • Limitación do tratamento: en determinadas circunstancias, vostede terá dereito a solicitarnos a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso informámolo de que únicamente os conservaremos para o exercicio ou defensa de reclamacións.
  • Portabilidade: vostede terá dereito a recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos teña facilitado e aqueles que se teñan xerado durante a relación contractual, así como a transmitilos a outra entidade.
  • Oposición: en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, vostede terá dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos nese caso, deixariamos de tratalos agre por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

Poderá exercer ditos dereitos mediante solicitude escrita coa ref. "Protección de Datos" dirixida a FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, Dpto. Gestión de Clientes y Protección de Datos, Avda. del Camino de Santiago 40, 28050 de Madrid ou cursando a súa petición cos mesmos requisitos a través de protecciondatos@aqualia.es.

Finalmente indicarlle que pode reclamar ante a autoridade de control.